sábado, 26 de marzo de 2011

De cinema e avións

Non o podo crer. Non ci posso credere!!, como diría Mariella. Veño de estar vendo unha película no aeroporto de Praga.
 
Ben sabía eu da necesidade do cinema de adaptarse a novas formas e novos contextos, que para algo nolo repiten ata a saciedade na carreira (e nos xornais), mais nunca pensara que tal obxectivo se podería cumplir de maneira tan maxistral e exitosa.Unha pantalla enorme despregada na Terminal 2, billete de balde e sen cola de facturación algunha. Amplo espazo para despregar as pernas, luz tenue e posibilidade para todo o mundo de escoller ventanilla (vistas: a noite enchendo de farolas a infraestructrura do aeroporto). Equipaxe de man permitido, e mesmo facilitado polo personal de cabina, a escoller entre copas de champán, viño branco, viño tinto, auga e un surtido de canapés. E todo iso de maneira gratuíta, co fin de disfrutar amenamente dun dos mellores voos da miña vida.

O filme, exemplo tamén de adecuación  ó entorno, vai de avións. A vida surrealista e desanxelada dun operario do aeroporto. Unha nai obsesionada polos problemas do mundo e por mandar axuda humanitaria a Bosnia. Un pai apático que renace grazas a un affaire cunha escultora, recita antigos noticiarios comunistas e salta en parapente. Un antigo amor imposible con altas doses de rareza que resulta ser o máis posible de todos. Unha parella que lle paga ó veciño operario para que os mire foder. Un compositor de música de ascensores que demanda hoteis de todo o mundo por non pagarlle os dereitos de autor. Amores de maniquí, solpores de aeroporto, a soidade, o desamor, e as aspiracións vitais mesturadas co surrealismo checo, ese que deixa un regusto doce no sorriso.

Si. Estiven vendo unha película no aeroporto, mentres cinco copas de champán esvaraban pola miña gorxa. Así, sombreiro e cámara en man.
Así, como só en Praga podía pasar...

4 comentarios:

  1. encántame Zu :) e menuda envexa, eu tamén quero facer cousas coma isa, pero non vexo eu que o asunto funcionase en Lavacolla jaja
    besiño mona :)

    ResponderEliminar
  2. querome haixer menxion de que el tuxo sombreiro verdaiderameinte es miño, ho!
    Pero déixotelo, cousiña!

    ResponderEliminar
  3. yes, you're getting better.... now you can speak truly ASTURIANO
    vale, agora en galego normativo:
    "quero facer mención de que o "teu" sombreiro verdadeiramente é meu, ho! pero déixocho, cousiña!"
    mona mona tu!!

    ResponderEliminar
  4. ai, Lu... eu tampouco lle vexo futuro a algo coma eso en Lavacolla.. a comida acabaríase xa antes de empezar a película! xD
    -colle colle!
    -nah, non teño moita fame...
    -pero colle iguaal, aproveita, que é gratiiiiiis!!!!
    ^^

    ResponderEliminar