Ourense, 20h
Apuro as últimas horas de xullo na estación. O tempo detense entre as follas de Murakami, “Sputnik, mon amour”. E viaxo sentada desde Tokio ás rúas branquísimas de Rodas, tomo un ferry ó solpor dunha minúscula illa grega onde as mellores praias se agochan baixo os máis perigosos cantís. Ó erguer a vista, o sol que pousa nos raís unha cor alaranxada faime lembrar o anaco dun poema que escribín hai tempo:
A quietude un sol de grilos na estación baleira
á agarda
—western ferroviario—
en stand-by
en Stand by
(me)
A verdade é que hoxe foi tamén un día en stand-by. A tarde a consumirse apática e abafante baixo o sol de Quiroga. Sabendo que o único que me agarda a min é un agosto de oficina. Sabendo que me falta o “me” no meu “stand-by”, ese “me” que son eu, pero que tamén podes ser ti.
Por iso, ó escoitar a bucina do tren, a miña mente pensa que é un barco que parte rumbo a outra das minúsculas illas gregas, onde seguramente ti esteas aproveitando as últimas olas de xullo. Ben mirado, os trens tamén poden ser barcos de interior. Surfean entre esas xigantescas olas que son os vales, por uns raís xa marcados, xa cansos de aguantar o seu peso. Deslízanse entre remansos de mar-meseta á agarda de atopar outro cume na seguinte curva.
O sol pousándose sobre os raís lémbrame canto boto de menos os tranvías de Praga, e a ti con eles, cando nos deslizábamos entre os últimos días de xuño. O que realmente agardo é que isto non quede en stand-by, que esta non sexa unha carta de despedida (como ti prometiches) senón unha forma de dicir o que levo calando xa desde os últimos días de maio.
mírala...si no para de publicar en su bloggggggg...frikiiiiiiii! (dijo Idoia...)
ResponderEliminarle dijo el cazo a la sartén :P
ResponderEliminarTIENES EL CULO NEGRO
ResponderEliminarcou de mi vida y de mi corazón, deberías poner dentro de tu perfil o algo, tu blog, para que cuando entremos en CELIA PARRA ESCRITORA,salga el nombre de tu blog
ResponderEliminarjajaj no me esperaba lo del culo negro xD
ResponderEliminarvaaale querida manager, allá voy :)
eso es de Marta,son las cosas bonitas que aprendo con ella, taaaaaaan útiles! :P
ResponderEliminar